INICIAN EN SAN MARTIÑO A REPARACIÓN DO FIRME E BACHEO DAS PISTAS MUNICIPAIS DE POIO

13/01/2024

2023.

Operarios municipais do Concello de Poio comezaron esta mañá a repoisición do firme e o bacheo nas pistas principais do municipio. Así, os traballos iniciáronse en San Martiño e durante os vindeiros días irán percorrendo aqueles lugares nos que sexa necesario reparar os danos que presentan as estradas e que poden supoñer un risco para a circulación dos vehículos.

O concelleiro de Obras e Servizos, Marcial García, reuniuse no lugar co encargado de obras para coordinar o calendario de actuacións, que abarca a todo o municipio pero que, en todo caso, está condicionado polas condicións climatolóxicas. “As inclemencias do tempo e o tráfico pesado e intenso nalgunhas das pistas municipais fan que sexa necesario un mantemento continuo, e desde o Goberno municipal estamos optimizando todos os recursos para, unha vez que as choivas dan unha tregua, poder ir completando todas as zonas nas que é preciso actuar”, explica García.

LIMPEZA PRAIA DA CABECEIRA

Tamén hoxe outra das brigadas municipais continúa traballando nas labores de limpeza e recollida de restos das mareas e dos temporais que chegan cada día á Praia da Cabeceira, en Lourido. Nese lugar levan traballando xa unha semana, retirando as algas, os troncos e outros residuos e está previsto que continúen a principios da próxima. “Os operarios están facendo un traballo intenso, cada día chegan novos e abundantes restos que arrastra a marea e que se seguen acumulando na area. O que limpan  un día repítese ao seguinte”, explica o concelleiro.

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio