ÉXITO NA APERTURA DO XIMNASIO MUNICIPAL DA SECA EN HORARIO DE MAÑÁ

12/01/2024

2023.

O ximnasio municipal da Seca xa está aberto en horario de mañá, cumprindo así un dos compromisos do novo Goberno para mellorar a calidade, a atención e o servizo que se ofrecen. Esta mañá o alcalde de Poio, Ángel Moldes, visitou a instalación deportiva, na que comprobou o grande interese que está espertando a ampliación do horario, que desde hoxe abrirá tamén de luns a venres de 7:00 a 14:00 horas. De feito, nesta primeira xornada matinal xa participaron nas actividades dirixidas de pilates e de ximnasia de mantemento preto de 60 persoas, ademais dos usuarios que acceden á zona de máquinas.

Ademais, nos próximos días tamén se ampliarán as máquinas dispoñibles, grazas a unha subvención da Xunta de Galicia, que permitirá contar cunha máquina flexión de pernas, outra de extensión, unha máquina femoral de pé e unha máquina de prensa de pernas, catro máquinas que completarían a zona de exercicios, que se sumarán a outras maquinaria adquirida polo propio concello.

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio