Éxito de participación no Gran Desfile de Entroido, con comparsas e grupos achegadas de toda a provincia

03/03/2024

As novidades incluídas este ano, cun traxecto máis curto e cómodo, e o horario de mañá, serviron de atractivo para aumentar o número de inscritos.

Poio celebrou esta mañá o gran Desfile de Entroido, que resultou ser un éxito de participación con comparsas e grupos achegados de toda a provincia, desde Gondomar, Meis, Xeve, Soutomaior, Sanxenxo…, así como de grupos adultos e infantís e numerosos participantes nas categorías individual e parellas.

O novo percorrido, máis curto que anos anteriores, e o novo horario matinal, que evitou que Poio competise coas citas doutros concellos da contorna, foron os principais atractivos que facilitaron que o número de agrupacións e de persoas participantes fora o máis importante dos últimos anos. O desfile contou con catro comparsas locais _Os Canecos, As Sonecas, 100Toilos e Grupo de Entroido de Samieira_, con cinco comparsas convidadas _Os Retrincos, Os miúdos, Politicamente Incorrectos, Cor Café e Os da Caña_. Todas elas agradeceron que este ano se apostase por un traxecto máis curto, entre a Biblioteca Municipal e a Praza da Granxa, facéndoo máis cómodo para cargar coas espaldeiras e instrumentos e tamén para amosar as súas animacións e bailes.

A pesar da chuvia, que apareceu por momentos durante o traxecto, o fin de festa reuniu a todos os participantes na Praza da Granxa, cunha sesión vermute e a animación musical D Due. Alí tamén se fixo entrega dos premios, que repartiron 4.450 euros.

PREMIOS CONCURSO DE DISFRACES DESFILE DE ENTROIDO

INFANTILIndividual3ºPolicía Rebelde
2ºA flor do entroido
1ºContigo aprendín
Parellas3ºLa colada
2ºOs brigadistas das praias
1ºTiovivos máxicos
Grupos1ºIsidora Airline
PREMIO ESPECIALChoqueiro3ºA vella do botellón
2ºGalicia Mola
1ºAs campanadas da Jalisia Profunda
ADULTOS
Individual3ºFesta do Xorelo Preñado
2ºLa Llorona
1ºA Bruxa
Parellas3ºMujeres Invisibles
2ºDando a Lata
1ºIntento cocer o repolo
Grupos4ºLa pandilla en Las Vegas
3ºBotou o mar fóra
2ºViaje a Ciudad Esmeralda
1ºMar de fondo
PREMIO ESPECIALAnimación3ºGrand Prix
2ºA fábrica de caramelos
1ºAlma galega

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio