2023. O ano 2022 resultou moi especial para o departamento de Benestar Social e Mocidade. “Logo de dous anos de pandemia, puidemos ir retomando a nosa programación habitual”, sinala a edil responsable da área, a socialista Rosa Fernández. A gran resposta obtida no que a participación se refire demostra que “a veciñanza tiña moitas ganas de volver a retomar estas iniciativas”. E é que máis de 600 persoas de diferentes idades tomaron parte nos programas, actos, obradoiros, cursos e actividades que se levaron a cabo entre xaneiro e decembro do pasado exercicio.
No caso do parque infantil, conta cun investimento de 26.238,60 euros e inclúe a mellora integral da área lúdica. As...