Que dereitos o/a amparan en relación co tratamento dos seus datos?
As persoas interesadas poderán exercer os dereitos de acceso, rectificación, supresión, limitación de tratamento, oposición e portabilidade dos datos, segundo o establecido nos artigos 15 a 22 do Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril , Xeral de Protección de Datos ( RXPD). Deste xeito, calquera persoa interesada ten dereito a obter confirmación sobre se no Concello de Poio estamos a tratar datos persoais dos que é vostede titular.
Así mesmo, tal e como se prevé no RXPD, informámoslle que vostede ten os seguintes dereitos:
A través do exercicio deste dereito pode coñecer os seus datos de carácter persoal que están a ser tratados por parte do Concello de Poio, a finalidade deste tratamento, a orixe dos citados datos que se comunicaron ou se lle van a comunicar a un terceiro.
A través do exercicio deste dereito podrá solicitar a supresión dos datos persoais sen dilación debida cando concorra algún dos supostos legalmente contemplados. Por exemplo, tratamento ilícito de datos ou cando desaparecese a finalidade que motivou o tratamento ou a recollida. Con todo, existe unha serie de excepciónes nas que non procederá este dereito. Por exemplo, cando deba prevalecer o dereito á liberdade de expresión e información.
En determinadas circunstancias terá dereito a recibir os datos persoais que lle incumban, que nos facilitará, nun formato estruturado, de uso común e lectura mecánica, e a transmitirllo a outro responsable do tratamento.
As persoas interesadas poderán poñerse en contacto coa persoa delegada de protección de datos do Concello de Poio polo que respecta a todas as cuestións relativas ao tratamento dos seus datos persoais e ao exercicio dos seus dereitos a través do formulario de contacto dispoñible na páxina “Delegado/a de protección de datos do Concello de Poio“.
As persoas interesadas terán tamén o dereito para presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos:
C/ Jorge Juan, 6. 28001. Madrid ou a través da súa sede electrónica https:// sedeagpd. gob.es.
Consiste na posibilidade de que mediante o seu exercicio ante o responsable que trata os seus datos persoais modifique aqueles datos que sexan inexactos ou estean incompletos, debendo na solicitude de rectificación indicar que datos desexa que se modifiquen. A esta solicitude terá que achegarlle a documentación xustificativa correspondente.
Solicitar a limitación do tratamento dos seus datos nos supostos contemplados pola legislación vixente, que se conservarán unicamente para o exercicio ou a defensa de reclamación, tal e como prevé o regulamento xeral de protección de datos.
En determinadas circunstancias e por motivos relacionados coa sua situación particular poderá opoñerse ao tratamento dos seus datos, caso no que deixariamos de tratalos salvo por motivos lexítimos imperativos ou o exercicio ou a defensa de posibles reclamacións.
Non estar suxeito a decisións que se basean unicamente en tomas de decisións automatizadas, o que inclúe a creación de perfís, cando a decisión poida ter un efecto legal sobre vostede.
1
Cando responderemos á súa solicitude?
Responderemos as súas peticións o máis rápido posible e, en calquera caso, no prazo dun mes desde a recepción da súa solicitude. Devandito prazo poderá prorrogarse outros dous meses en caso necesario e previa comunicación, tendo en conta a complexidade e o número de solicitudes.
2
Ten dereito a retirar o seu consentimento?
As persoas interesadas teñen dereito a retirar o consentimento en calquera momento, sen que iso afecte á licitud do tratamento baseado no consentimento previo á súa retirada.
3
A onde debe dirixirse para o exercicio dos seus dereitos?
Para o exercicio dos dereitos recoñecidos as persoas interesadas deberán formular a petición correspondente por vía electrónica a través do formulario de instancia xenérica dispoñible na sede electrónica do Concello de Poio ou presencialmente a través do formulario de instancia xenérica e presentalo debidamente asinado na rede de oficinas de asistencia en materia de rexistros dirixido ao Concello de Poio.