Medrando en familia: Como apoiar o desenvolvemento infantil
- Sábado, 20 de xuño
- 10.00 a 14.00 horas
- Pazo Besada
O Concello de Poio, en colaboración con Cogami, están preparando o primeiro congreso de Atención Temperá, “Medrando en familia”, unha xornada dirixida principalmente ás familias e centrada en ofrecer ferramentas prácticas para apoiar o desenvolvemento infantil desde un enfoque próximo e accesible.
A través dunha mesa redonda, profesionais de distintos ámbitos e familias usuarias do servizo abordarán a atención temperá desde perspectivas complementarias como a sanidade, os servizos sociais, a educación e o ámbito familiar.
Na sesión participarán a pediatra especializada en neuroloxía pediátrica Laura Arias García; a coordinadora e psicóloga do Servizo de Atención Temperá de Poio, Sonia Limés González; Ana Martín-Serrano Fontenla, nai dun neno con autismo e fundadora da marca La Monda; a traballadora social do Concello, Rosa Freire Fariña; e a directora e mestra de educación infantil en Irmanais, Nerea Díaz Rodríguez.
Co obxectivo de facilitar a asistencia, durante o congreso ofrecerase un servizo gratuíto de monitorado para o coidado dos menores.
INSCRICIÓNS:
https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSdspDhr6LPU77AM_AHXTNJyYnVGJ7A3xBx0CFqT52y_YxyMEw/viewform?pli=1