CURSOS AULA CEMIT COMBARRO

A Aula Cemit de Poio organiza para o mes de marzo novos cursos de habilidades dixitais coas que continuar ampliando a súa oferta formativa.

Todas as actividades son gratuítas, e as inscricións para participar xa están abertas a través da páxina web https://cemit.xunta.gal, no correo cemit.poio@xunta.gal ou na propia aula situada en Combarro.

 

Ademais, calquera usuario que o desexe pode facer uso do equipamento e da conexión á Internet da aula a través da Aula Aberta, sempre con cita previa e en horario de luns a venres, entre as 19.30 e as 21.00 horas. As asociacións e colectivos locais teñen tamén a opción de poder reservar a utilización dos ordenadores para a realización de actividades.

Cursos novas tecnoloxías Aula Cemit de Combarro

Scroll al inicio