Entrega de diplomas no curso Coidados Compartidos, no que participaron 26 persoas

29/01/2024

Concello de Poio e Afapo clausuraron esta tarde o curso Coidados Compartidos, que se celebrou esta semana na Casa Rosada e que contou coa participaron de 26 coidadores de persoas con demencia neurodexenerativa. O alcalde Ángel Moldes, o presidente da Asociación, Jose Manuel Fontenla, e a concelleira de Benestar e Igualdade, Natividad Torres, fixeron entrega dos diplomas, e destacaron a importancia dunha formación que achegou información e recursos para mellorar a vida dos enfermos pero tamén dos coidadores. 

Nesta liña, o alcalde Ángel Moldes subliñou “a labor imprescindible que desenvolven as coidadores e coidadoras que teñen algún familiar ao seu cargo, e recordou que tamén é fundamental que non se esquezan de coidarse a si mesmas”. Por iso, entende a importancia deste tipo de cursos, non só para mellorar a atención que ofrecemos como coidadores, senón para recordarnos que os coidados deben comezar por un mesmo. 

O curso dirixiuse a persoas coidadoras familiares de persoas con demencia e estivo impartido por profesionais especializados, que achegaron información sobre o alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas, así como servizos e recursos para mellorar a calidade de vida dos enfermos e dos seus coidadores.

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio