DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA PREMIA CUN LOTE DE LIBROS AO TECIDO EDUCATIVO POLA SÚA IMPLICACIÓN NA CAMPAÑA DE PROMOCIÓN DA LINGUA GALEGA #FALABONITO

12/01/2024

2023.

A Concellería de Cultura, Educación e Normalización Lingüística, dirixida pola nacionalista Raquel Rodríguez, iniciou esta semana o reparto de máis de 400 libros entre os centros de Educación Infantil e Primaria do municipio. Son exemplares cos que se agasallará ao tecido educativo pola súa implicación na campaña #FalaBonito, unha das iniciativas que o Concello de Poio levou a cabo co obxectivo de incidir na promoción e fomento da utilización da linga galega en diferentes niveis e, especialmente, entre a cativada.

A edil responsable da área explicou que este lote de libros de material didáctico, pensado para cativos e cativas de diferentes idades, obtense ao abeiro do convenio asinado pola Administración municipal coa Mesa pola Normalización Lingüística. Raquel Rodríguez valora de xeito moi positivo o resultado da campaña #FalaBonito ao longo dos últimos meses, coa que “reforzamos o uso da lingua galega no día a día  nas crianzas. A entrega destes exemplares realízase no mes de maio, nas datas previas á celebración do Día das Letras Galegas, que este ano recorda a figura de Francisco Fernández del Riego.

Por outra banda, cómpre lembrar que durante as últimas semanas desde a Concellería de Cultura, Educación e Normalización Lingüística tamén se apostaron por outras iniciativas para fomentar a lectura, coa lingua galega como protagonista, a través do programa Ler Conta Moito. Este ciclo retomarase o vindeiro mes de setembro, unha vez rematado o verán.

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio