CURSO COIDADOS COMPARTIDOS, DESTINADO PARA COIDADOS DE PERSOAS CON DEMENDICA NEURODEXENERATIVA

14/01/2024

2024.

O Concello de Poio e Afapo organizan o curso formativo Coidados Compartidos, destinado aos coidadores de persoas cunha demencia neurodexenerativa. 

O curso ten unha duración de oito horas, divididas en tres sesións, que se desenvolverán os días 22 e 24 de xaneiro, de 16.30 a 19.30 horas, e o día 26, de 16.30 a 18.30 horas na Casa Rosada. As persoas interesadas en participar poden anotarse nos Servizos Sociais municipais, no teléfono 986872401 de xeito gratuíto. 

O curso está dirixido a persoas coidadoras que sexan familiares de persoas con demencia e estará impartido por profesionais especializados, que achegarán información sobre o alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas, así como servizos e recursos para mellorar a calidade de vida dos enfermos e dos seus coidadores.

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio