1. PERSOAS PARTICIPANTES
a) Neste concurso poderán participar rapaces e rapazas empadroados/as e/ou escolarizados/as en Poio, de xeito individual ou en grupo.
b) Cada participante poderá presentar unha soa obra.
c) Todas as obras deberán ser orixinais, inéditas e non premiadas nin publicadas.
2. CARACTERÍSTICAS DO CARTEL
a) Tamaño do papel: DIN A3. En formato dixital (JPG ou TYF) deberase poder adaptar a tamaño DIN A3 .
b) Idioma: o texto deberá estar escrito en galego.
c) Deberá incluír necesariamente os seguintes textos:
- FESTAS SAN XOÁN
- POIO
- XUÑO 2025
3. CATEGORÍAS DO CONCURSO
- Categoría A: de 5 a 6 anos.
- Categoría B: de 7 a 9 anos.
- Categoría C: de 10 a 12 anos.
- Categoría D: de 13 a 14 anos.
- Categoría E: de 15 a 17 anos.
* As persoas participantes deberán ter cumpridas estas idades entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro do 2025.
4. PRESENTACIÓN DE TRABALLOS E PRAZO
a) Os traballos entregaranse acompañados dun sobre (SOBRE A) no que se incluirán os datos persoais da persoa participante (nome, idade, enderezo e teléfono de contacto; ademais de curso e centro, de ser o caso).
No exterior do SOBRE A deberá constar só a idade e a categoría, segundo o recollido no punto 3 destas bases.
b) As obras poderanse presentar en calquera dos centros de ensino do concello de Poio e na Casa Consistorial (Praza do Mosteiro, 1).
c) A data límite de presentación das obras será o día 19 de maio do 2025.
5. PREMIOS
Agasallos conmemorativos e vales para canxear nas librarías de Poio:
CATEGORÍA A: premio de 60 €
CATEGORÍA B: premio de 80 €
CATEGORÍA C: premio de 100 €
CATEGORÍA D: premio de 120 €
CATEGORÍA E: premio de 140 €
6. ENTREGA DE PREMIOS
A Concellaría de Festexos comunicará a data e hora da entrega de premios ás persoas gañadoras coa suficiente antelación.
7. XURADO
a) O xurado estará composto polo concelleiro de Festexos (presidente), un representante de cada un dos grupos políticos con representación na corporación municipal (vogais) e por persoal técnico do Servizo de Cultura e/ou Festexos (funcións de secretaría). No caso de empate decidirá o voto de calidade do presidente.
b) O xurado reunirase o día 21 de maio de 2025 para fallar este concurso.
c) De cada categoría escollerase un cartel gañador. Dos cinco carteis resultantes, escollerase un que será o utilizado para a promoción da Festa de San Xoán no 2025.
8. INFORMACIÓN COMPLEMENTARIA
a) Os premios non serán acumulables.
b) Os premios estarán sometidos á normativa fiscal que proceda aplicar.
c) As obras gañadoras pasarán a ser propiedade do Concello de Poio, polo que o/a autor/a cederá exclusiva e irrevogablemente o dereito de impresión ou reprodución, total ou parcialmente, en calquera modalidade. Igualmente, cederá a utilización da obra para a súa promoción publicitaria, polo que poderán realizarse as correspondentes modificacións ou transformacións para a súa adaptación a soportes, técnicas ou tamaños necesarios.
d) Os traballos premiados deberán recollerse no prazo de 30 días naturais posteriores á data de entrega de premios. Os que non se recollan neste prazo pasarán a ser propiedade do Concello de Poio, podendo ser destruídos.
e) O xurado do concurso terá competencias para resolver as dúbidas ou calquera circunstancia non prevista nas presentes bases.
f) A participación neste concurso supón a aceptación de todas e cada unha das súas bases.