Comeza en Poio o curso de atención ao cliente en comercio supermercado, con todas as prazas cubertas

18/03/2025

Ten unha duración de 100 horas, entre as que se inclúen clases teóricas na Casa Rosada e prácticas non laborais en Froiz.

Esta semana comezou na Casa Rosada o curso de atención ao cliente en comercio supermercado, organizado polo Concello de Poio e a fundación Acción Contra el Hambre. Unha formación que completou todas as prazas dispoñibles e, como sinalou o alcalde, Ángel Moldes, supón unha verdadeira oportunidade para formarse de xeito totalmente gratuíto nunha profesión con alta demanda de contratación. Ademais, engadiu que o feito de que combinen teoría e prácticas nos supermercados Froiz supoñen un valor engadido moi importante.

O curso ten unha duración formativa de 100 horas, das que 60 horas son prácticas non laborais en supermercados Froiz. Esta formación vén a completar a oferta de cursos que se están desenvolvendo desde o Concello de Poio, dirixidos de xeito especial para persoas en situación de desemprego. Deste xeito, reforza o curso de carnicería e charcutería que se impartiu hai só uns meses.

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio