2023. A recuperación, mellora e posta en valor do núcleo tradicional do Xuviño, na parroquia de Combarro, xa leva varios días en marcha. O concelleiro de Promoción Económica e Urbanismo e responsable do proxecto, Gregorio Agís (PSdeG-PSOE), pasou revista á obra este mércores, acompañado polo titular de Obras e Servizos Municipais, o tamén socialista Julio Casás. Tal e como explicaron os edís do Goberno local, a actuación comezou despois das festas de Nadal. Cómpre lembrar que o seu orzamento ascende a preto de 300.000 euros, que se financian a través de fondos europeos xestionados de xeito directo por Promoción Económica ante o Instituto para la Diversificación y Ahorro de la Energía (IDAE). A empresa adxudicataria é EC Casas.
Celebrarase o 8 e 9 de maio en Combarro, e inclúe xusta medieval, cetrería, espadeiros, teatro e baile medievais, música...LER MÁIS