Organizada pola Armadiña, coa colaboración do Concello de Poio e da Deputación de Pontevedra, inclúe xogos para a rapazada e maiores, actuacións musicais e premios.
A Armadiña organiza a quinta edición da Romería da Renda, o domingo 29 de setembro, coa colaboración do Concello de Poio e da Deputación de Pontevedra. Unha xornada que recuperaron o ano pasado tras o parón da pandemia sanitaria, e que inclúe xogos para a rapazada e para maiores, actuacións musicais e concursos.
A xornada arranca ás 11.30 coa saída en romaría desde a Chousa, acompañados polas pandeireiteras Armadiña. A partir das 12.30 está programada a sesión vermú con Vides Novas e, posteriormente, comezará o xantar popular. Na contorna haberá tamén polbeiro do Carballiños, cervexa Meiga e rosquilleiras. Para animar a decoración, repiten concurso con premio ao mellor mantel.
Ás 15.30 horas será quenda dos Cantos de Taberna con Maravallada. Para a cativada organizaranse xogos tradicionais desde as 17.00 horas, e inclúese tamén a actuación da Escola de Música tradicional de Poio.