CAMPAVERÁN E RAXÓVERÁN FACILITARÁN A PARTIR DO LUNS A CONCILIACIÓN DAS FAMILIAS DE POIO

12/01/2024

2023.

Este luns arrancan o Raxó Verán e Campa Verán do Concello de Poio para facilitar a conciliación das familias que residen ou traballan no municipio. Este ano aumentáronse as prazas e igualáronse os horarios dos dous campamentos, de xeito que se garante atención entre as 07.30 e as 15.00 horas. Este ano o Concello de Poio recibiu 304 solicitudes. O Campa Verán desenvólvese os meses de xullo e agosto no CEIP Isidora Riestra, e conta con 150 nenos por quenda de quince días, mentres que o Raxó Verán organízase no CEIP Espedregada e nel participan un total de 45 nenos por cada quenda de quince días.

O alcalde, Ángel Moldes, e a concelleira de Educación, Natalia Sabarís, reuníronse esta semana coas nais e pais dos participantes para explicar o funcionamento do campamento e resolver as principais dúbidas. Os campamentos de verán teñen por obxecto ofrecer unha alternativa de ocio para as nenas e nenos, nun espazo e tempo para desenvolver actividades de carácter lúdico como manualidades, obradoiros de refugallo, actividades deportivas…

Nun contexto educativo, o desenvolvemento deste servizo permite o fomento da participación social, a integración, a convivencia, a solidariedade e o desenvolvemento dos menores a través de actividades de ocio saudables que responden a criterios e valores educativos. Con respecto ao prezo, as familias terán que abonar 30 euros por neno en cada quenda. A cota será de 20 euros para o segundo fillo inscrito por cada quenda, de 10 euros para o terceiro, e o cuarto menor será de balde.

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio