Axuda de 4.000€ para financiar parte do comedor escolar de Chancelas no primeiro trimestre do curso

07/02/2024

A Xunta de Goberno aprobou esta semana unha axuda de 3.976,50€ para financiar parte do comedor escolar do CEIP de Chancelas durante o primeiro trimestre do curso, entre setembro e decembro de 2023. Así, segundo o convenio anual asinado entre o Concello de Poio coas ANPAS, outórgase unha axuda de 1,50 euros por comida e alumno que permite reducir a tarifa que pagan as familias por este servizo de conciliación.

Este convenio está asinado cos colexios que dispoñen de comedor escolar en Poio, que este curso se ampliou incorporando tamén ao CEIP Isidora Riestra que inaugurou comedor o pasado mes de setembro. Aínda que o convenio asínase para todo o curso escolar, o pago das subvencións realízanse segundo cada asociación vaia presentando a súa xustificación, de xeito que pode ser trimestral, semestral ou ao final do curso, segundo sexa vontade de cada anpa.

No primeiro trimestre do curso participaron no comedor do CEIP de Chancelas 84 alumnos, e servíronse un total de 2.651 comidas.

Esta axuda de 3.976,50€ súmase aos 3.799,50 euros que xa se aprobaron hai uns días para a ANPA A Gamela polo comedor do CEIP de Lourido.

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio