As Semanas Máxicas de Poio ofrecen á rapazada xogos, excursións e acampada en agosto

30/05/2024

É unha actividade gratuíta que está dirixida á rapazada de 5º e 6º de primaria e de 1º e 2º da ESO. O prazo de inscrición ábrese este luns, 3 de xuño, a través da Sede Electrónica ou presencialmente no rexistro do concello.

As Semanas Máxicas do Concello de Poio ofrecen á rapazada tres días de acampada, con xogos grupais, obradoiros, excursións, veladas nocturnas e moita diversión.

É unha actividade gratuíta, subvencionada integramente pola Concellería de Mocidade, e que está dirixida á rapazada de 5º e 6º de primaria e de 1º e 2º da ESO. Desenvólvese na escola de Tarrío, en Samieira, en dúas quendas de 25 prazas cada unha. A primeira, para o alumnado de primaria, desenvolverase do 5 ao 7 de agosto, e a segunda, para secundaria, do 7 ao 9.

As persoas participantes disporán de aloxamento na escola de Tarrío, en Samieira, manutención en réxime de pensión completa, diferentes actividades recreativas, entre as que se inclúen sendeirismo, expresión plástica, xogos… así como todo o material necesario para o seu desenvolvemento.

O prazo para inscribirse abre este luns, 3 de xuño, a través da Sede Electrónica do Concello de Poio ou de xeito presencial no rexistro xeral da Casa do Concello. Xunto co formulario de inscrición deberán presentar copia do dni da persoa participante, e de calquera outra documentación relevante sobre datos médicos ou situacións familiares que sexa preciso coñecer para garantir o bo desenvolvemento da actividade. A lista de admitidos e de reserva publicarase o 23 de xullo.

A concelleira Tamara González recorda que o verán é momento de xogos, de coñecer e interactuar con xente, de facer novos amigos e, sobre todo, de compartir momentos de lecer. Por iso, sinala que a Semana Máxica é unha proposta máis das que ofrece o Concello de Poio para que a rapazada disfrute ao máximo das vacacións e da tempada estival.

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio