AS PARROQUIAS DE SAMIEIRA E RAXÓ, ADEMAIS DO LUGAR DE CHANCELAS, CONTAN CON 500 NOVAS LUMINARIAS ‘LED’

12/01/2024

2023.

As parroquias de Raxó e Samieira, así como parte de Combarro, contan desde hai uns días con novos puntos de alumeado. Estas tarefas inclúense no proxecto acometido polo Concello de Poio, a través da Concellería de Promoción Económica e Urbanismo, para dotar ao municipio de luminaria eficiente, cunha maior optimización do servizo e unha redución de custes, grazas ao aforro enerxético que supón a utilización de ‘led’.O prazo de realización dos traballos concluirá a finais do vindeiro mes de setembro. Estímase que o aforro económico que se conseguirá grazas á dotación destas novas luminarias ascenderá a uns 70.000 euros anuais aproximadamente.

En total, procedeuse á instalación de 500 unidades en Raxó, Monte da Bouza, Samieira, Arén e Covelo, así como en emprazamentos situados no lugar de Chancelas. Estes traballos supoñen aproximadamente o 25% do total de luminarias que contempla o proxecto de renovación do servizo. Neste sentido, o edil responsable da área, o socialista Gregorio Agís, recorda que a actuación, que foi adxudicada á empresa Setga, inclúe a instalación dun total de 2.423 novas luminarias en todas as parroquias. Este é un proxecto que conta cun orzamento total que acende a 918.000 euros, IVE engadido. O 80% do financiamento cúbrese a través de fondos europeos xestionados directamente por Promoción Económica e Urbanismo ante o IDAE, mentres que o 20% restante asúmeo a propia Administración local.

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio