AS ESCOLAS DEPORTIVAS DO CONCELLO DE POIO CONTAN CON 740 NENOS INSCRITOS

13/01/2024

2023.

As Escolas Deportivas do Concello de Poio xa están funcionando a pleno rendemento, con 740 nenos inscritos nas 15 modalidades deportivas que se ofrecen en colaboración cos clubes locais: desde fútbol e fútbol sala, ata balonmán, baloncesto, triatlón-duatlón, ximnasia rítmica, tenis, ciclismo, taekwondo, piragüismo, caiac polo, atletismo, kick-boxing, rugby e vela. 

Deste xeito, este curso supéranse en máis de un centenar a rapazada que participou nas escolas deportivas o ano pasado, sendo a disciplina máis demandada o fútbol e fútbol sala, seguido do ciclismo, balonmán, o atletismo e a ximnasia rítmica. O edil de Deportes, Cándido Muíños, visitou a Escola Deportiva de Taekwondo no ximnasio municipal da Seca, na que participan 13 rapaces. Destaca que “a oferta é ampla e está pensada para que os menores gocen do seu tempo de lecer mentres adquiren hábitos de vida saudables”.

Ademais, recorda que o Concello de Poio outorga aos clubs unha axuda de 100 euros por neno e curso para sufragar gastos de funcionamento das Escolas Deportivas. Unha axuda que se incrementa no caso de nenas e nenos das familias de Poio con menos recursos e cuxa situación estea acreditada polo departamento de Servizos Sociais. Neses casos están eximidos de pagar as cotas de inscrición ao darse de alta nalgunha destas modalidades, cotas que asume a maiores o Concello de Poio.

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio