Aprobadas as axudas ao comedor do CEIP de Lourido para o primeiro trimestre do ano

20/05/2024

O Concello de Poio aprobou unha axuda de 2.943 euros para a ANPA A Gamela do CEIP de Lourido, que permite reducir a tarifa que tiveron que pagar as familias por este servizo nos primeiros tres meses do ano, entre xaneiro e marzo.

Este convenio está asinado cos colexios que dispoñen de comedor escolar en Poio, ao que este curso se incorporou o CEIP Isidora Riestra que inaugurou comedor o pasado mes de setembro. O Concello de Poio outorga unha axuda de 1,5 euros por neno e por día.

Aínda que o convenio é para todo o curso escolar, o pago das subvencións realízanse segundo cada asociación vaia presentando a súa xustificación, de xeito que pode ser trimestral, semestral ou ao final do curso, segundo sexa vontade de cada anpa.

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio