O alcalde Ángel Moldes recoñeceu este mediodía a “gran labor e implicación” dos catro traballadores do Concello de Poio que se xubilaron no ano 2023. Así, fixo entrega dun agasallo e do pin do concello, “como xesto de recoñecemento e aprecio” a Faustino Ucha Alvariñas, que foi conserxe do CEIP Isidora Riestra; Dolores Leiro Rey, do servizo de limpeza no CEIP de Espedregada; Carmen Castro Ucha, tamén do servizo limpeza no pavillón da Seca; e a Helena Martínez Epifanio, técnico de mocidade na Casa Rosada. A todos, Moldes lles agradeceu, en nome de toda a corporación, os seus anos de servizo público e dedicación en favor dos veciños de Poio: “a evolución deste concello é posible gracias a traballadores co voso grao de implicación e sentimento de pertenza”. Por último, trasladoulles os seus mellores desexos para esa nova etapa “tan merecida” que comezan.
Será no Casal de Ferreirós, ás 19.00 horas, nun acto ao que están convidados representantes de todos os colectivos locais....LER MÁIS