ÁNGEL MOLDES AVANZA NA PRIMEIRA REUNIÓN DO CONSELLO DE PARTICIPACIÓN VECIÑAL QUE OS ORZAMENTOS APROBARANSE EN DECEMBRO

13/01/2024

2023.

O Concello de Poio celebrou onte pola noite a reunión do Consello de participación veciñal, na que ademais dos grupos que forman parte da corporación, tamén están integrados representantes dos colectivos veciñais de todas as parroquias.

O alcalde, Ángel Moldes, explicou que a convocatoria pretendía coñecer a opinión das asociacións para avanzar na elaboración dun documento de orzamento que, tendo en conta a situación económica que hai, poida ofrecer resposta ás principais necesidades e demandas da veciñanza. Ademais, avanzou que o obxectivo do novo Goberno é aprobalo no pleno do mes de decembro, antes de que remate este ano.

“Estamos avanzando no documento que vai recoller a liñas de actuación do novo Goberno para o ano próximo, e por iso, entendemos que neste punto era necesario convocar esta reunión para contar coas aportacións dos colectivos. Somos un goberno de feitos, que goberna para todos, e por iso é fundamental estar en permanente contacto cos veciños para escoitar e atender, na medida do posible, as súas propostas”, subliña.

Por último, outro dos puntos que se trataron na reunión foi a futura ordenanza municipal de terrazas, para a que Ángel Moldes avanzou os pasos que se están dando para garantir a convivencia entre os negocios e os veciños, e dotar a Poio dun documento que recolla a realidade e peculiaridades de cada lugar.

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio