Avanzou que se humanizará a estrada PO-308 á altura da Barca: “Unha actuación potente que leva anos esperando e eu agardo que no 2025 podamos empezala”, salientou.
Así o fixo esta mañá na inauguración das obras de humanización no porto de Raxó, en Poio, á que foi acompañado do conselleiro de Mar, Alfonso Villares. Unhas obras que tiñan un presuposto de algo máis de un millón de euros, dos que a Xunta achegou o 70% e o concello de Poio o 30% restante.
Na súa intervención, o titular do Goberno galego puxo en valor este proxecto, xa que vai supoñer un gran avance en ter un espazo viario más amable para os veciños e, en concreto, para os peóns: “Era imprescindible acometer o cambio de travesías perigosas por beirarrúas transitables onde os veciños podan ir con tranquilidade”, destacou.
Ademais, o presidente tamén salientou a importancia destas obras para conseguir un turismo de maior calidade e que avance cara a desestacionalización: “Un turismo con sentidiño onde cabe todo o mundo”, remarcou Rueda
Pola súa banda, Ángel Moldes, subliñou que este proxecto supuxo transformación integral para dárlle protagonismo á fachada marítima, ás persoas e, sobre todo, mellora a seguridade e a calidade de vida da veciñanza..