ADXUDICADA A URBANIZACIÓN DE ANAFÁNS CUN ORZAMENTO QUE SUPERA OS 200.000 EUROS

12/01/2024

2023.

A Xunta de Goberno Local vén de aprobar a adxudicación para a execución dos traballos de urbanización que o Concello de Poio desenvolverá na contorna de Anafáns, nas proximidades do Centro de Saúde (San Salvador). Trátase dunha actuación que contará cun orzamento superior aos 200.000 euros, que se financian a través do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.O proxecto, deseñado pola Concellería de Promoción Económica e Urbanismo, espertou o interese de varias empresas. Ata seis foron as firmas que se presentaron ao concurso de licitación.

Finalmente, as obras foron adxudicadas á firma Servicios Medio Ambientales del Miño, cun orzamento que ascende a un total de 208.792,56 euros, IVE engadido. O concelleiro responsable da área, o socialista Gregorio Agís, explica que a través destes traballos búscase consolidar a transformación dun dos núcleos principais da parroquia de San Salvador. Así, tal e como figura na memoria técnica, contémplase a dotación de espazos máis amplos para viandantes, o que redundará nunha maior seguridade para os peóns, ao tempo que se garante a accesibilidade e mobilidade universal. A maiores, tamén está prevista a creación de novas prazas de estacionamento, nunha zona na que este servizo é moi necesario, ao atoparse moi próximo ao centro sanitario e a diferentes negocios e establecementos. A maiores, a ampliación da vía que vai desde a PO-308 ata o Centro de Saúde será ampliada e contará cunha rotonda, que servirá para aliviar e mellorar o tránsito rodado.

Por outra banda, o concelleiro de Promoción Económica e Urbanismo explica que durante o desenvolvemento dos traballos permanecerá habilitada unha explanada próxima a modo de aparcadoiro disuasorio. Trátase dun espazo que actualmente xa se pode utilizar.

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio