2023. O alcalde de Poio, Luciano Sobral, acompañado pola edil de Sanidade, a tamén nacionalista Marga Caldas, visitou as parcelas adquiridas polo Concello de Poio para acometer a ampliación do cemiterio municipal de San Xoán, un terreo anexo ao camposanto. Precisamente, a Xunta de Goberno Local vén de aprobar de aprobar a adxudicación do proxecto de urbanización deste espazo, que permitirá acometer unha actuación “moi necesaria e comprometida por parte deste Goberno coa veciñanza”, segundo apuntou o propio rexedor.
Ángel Moldes: “O mellor recoñecemento que podemos facerlle é amosar este consenso e unidade que hoxe demostramos para agradecer a...LER MÁIS