2023. Nas vindeiras semanas darán comezo os traballos para a posta punto da nova senda peonil, emprazada á beira do rego da Freiría, na parroquia de Sameira, que servirá para dar vida a un enlace peonil entre a estrada PO-308 á altura da recta do Laño e a emblemática ruta dos muíños existente nesta parroquia. Trátase dunha actuación que foi impulsada desde a Concellería de Promoción Económica e Urbanismo, dirixida por Gregorio Agís (PSdeG-PSOE). O propio Agís pasou revista este mércores ao estado da zona, acompañado polo responsable de Obras e Servizos, o tamén socialista Julio Casás.
Supera os 16M€, converténdose nun dos orzamentos máis altos dos últimos anos a pesar de que a baixada do IBI...LER MÁIS