ÁBRESE O PRAZO PARA PARTICIPAR NA QUINTA EDICIÓN DO CONCURSO DE MICRORRELATOS DO SAMAÍN “OS MISTERIOS DE KAM”

12/01/2024

2023.

A  Asociación de Mulleres Arela impulsa o Concurso de Microrrelatos ‘Os Misterios de Kam’, unha iniciativa coa que colabora o Concello de Poio e que ten como obxectivo a difusión cultura e a promoción da Festa do Samaín. Segundo explica a concelleira de Cultura e Educación, Natalia Sabarís, este concurso está dirixido a público de 11 anos en diante, que participarán en tres categorías diferentes: de 11 a 16 anos, de 17 a 25 anos, e maiores de 25. A gañadora ou gañador en cada unha das categorías levarase un premio de 100 euros máis un agasallo conmemorativo.

DESCARGAR BASES

Os textos poden pertencer ao xéneros de thriller, misterio ou terror, e deberán estar relacionados coa celebración do Samaín e centrados na trama dos “misterios urbanos de Kam (Campelo)”, permitíndose toques de fantasía, lendas e invención. O relato deberá estar escrito en lingua galega, cunha extensión de dous folios A4, con entreliñado de 1,5 en letra times new roman de 12 puntos.

As persoas que queiran participar xa poden presentar os seus relatos ata o 23 de outubro, ás 14.00 horas no enderezo electrónico samaincampelo@gmail.com. Xunto co retalo, incluiranse os datos da persoa autora: nome e apelidos, domicilio, número de contacto e foto do dni. Tamén se acompañará dunha declaración xurada na que se reflicta a autoría da obra.

Os premios entregaranse o sábado 28 de outubro, perante a celebración da Festa do Samaín na Praza da Granxa, en Campelo.  O xurado encargado de ler e puntuar os microrrelatos estará composto por unha persoa representante da Asociación Arela, outra da Concellería de Cultura e unha do grupo da Festa do Samaín. As bases do concurso poden consultarse nos perfís oficiais do Concello de Poio.

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio