2023.
O Concello de Poio ten aberto o prazo para participar no concurso de Tarxetas de Nadal, no que se premiará unha tarxeta de cada unha das cinco parroquias e, a finalista, será a postal que se utilice para facer a felicitación institucional.
No concurso poden participar todos os menores de 18 anos que residan en Poio cun único traballo. A data límite de presentación das tarxetas é o martes, 14 de novembro, e poden facelo nalgún dos centros escolares do municipio, nos locais das asociacións colaboradoras e organizadoras ou no departamento de Cultura do Concello de Poio.
Consulta as BASES
Os traballos deberán ter un tamaño A5 (folio dobrado á metade), deberán estar escritos en galego e valoraranse aspectos como a orixinalidade, a expresividade e a creatividade. As tarxetas presentaranse sen sinatura, debendo levar ao dorso os datos da persoa autora: nome, apelidos, idade, enderezo, localidade, parroquia, teléfono e enderezo electrónico. Deberán ser inéditos.
O xurado estará composto por unha persoa representante de cada unha das cinco asociacións que forman parte do Consello Municipal de Cultura, que fallará o concurso o mércores 22 de novembro.
Será premiada unha tarxeta de cada unha das cinco parroquias, e entre esas cinco seleccionarase unha que se utilizará como postal de felicitación institucional do Concello de Poio. Os premios para os cinco premiados será 60 euros cada un, e un agasallo conmemorativo.