ABERTO O PRAZO PARA ANOTARSE NAS 15 ESCOLAS DEPORTIVAS DO CONCELLO DE POIO, QUE COMEZAN EN OUTUBRO

12/01/2024

2023.

Xa está aberto o prazo para anotarse nas escolas deportivas do Concello de Poio, que darán comezo a partir do mes de outubro. O edil delegado, Cándido Muíños, explica que hai quince disciplinas diferentes, desde fútbol e fútbol sala, ata balonmán, baloncesto, triatlón-duatlón, ximnasia rítmica, tenis, ciclismo, taekwondo, piragüismo, caiac polo, atletismo, kick-boxing, rugby e vela.

FORMULARIO DE INSCRICIÓN

Muíños convida á rapazada a participar nalgunha destas escolas deportivas, “hai unha oferta ampla pensada para que gocen do seu tempo de lecer de xeito saudable e educativo”.As inscricións poden facerse de xeito telemático desde a web municipal, concellopoio.gal, ata o 31 de outubro. Na web están dispoñibles os formularios necesarios así como a documentación requirida ou mesmo os correos de contacto dos clubs que asumen directamente a xestión das anotacións. As prazas son limitadas, que se adxudicarán por rigoroso orde de inscrición.

As escolas deportivas comezarán a funcionar a partir da semana do 2 de outubro, nos días e horas de adestramento de cada disciplina deportiva. Os grupos organizaranse en función das idades e do número de participantes.

A escola de Vela desenvolverase no Porto de Combarro, os participantes da escola de Rugby adestrarán no campo da Reiboa, igual que o club de atletismo, que combinará A Seca co CEIP Isidora Riestra. Con respecto a caiac-polo e piragüismo, desenvolveranse na nave de deportes náuticos de Combarro. Taekwondo, no ximnasio municipal da Seca, mentres que ciclismo será no campo da Reiboa. As escolas de Tenis e Baloncesto impartiranse no pavillón de Lourido, o triatlón-duatlón nas pistas de atletismo da Reiboa e na piscina da escola naval, e a de ximnasia rítmica, nos CEIP Isidora Riestra ou no ximnasio da Seca. Pola súa banda, o alumnado de balonmán adestrará entre os pavillóns da Seca e de Lourido, de fútbol sala no IES de Poio e nos pavillóns de Lourido e da Seca, e de fútbol, no campo de fútbol da Reiboa.

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio