O Concello de Poio abre o prazo para anotarse á escapada termal a Monçao, que se realizará entre o 20 e 24 de maio.
Trátase dunha excusión que inclúe unha estancia de cinco días e catro noites, nun dos balnearios de referencia de Portugal. A saída está fixada para as 11.00 horas do luns 20 de maio, desde a rotonda da Barca. A inscrición será de 248 euros, para cubrir o aloxamento, pensión completa e acceso ao spa, ademais doutros servizos.
As persoas interesadas poden anotarse no Palacete de Besada, no teléfono 986 872 401 ou no enderezo electrónico benestarsocial@concellopoio.org e daráselle preferencia ás persoas maiores empadroadas no municipio.