A PRIMEIRA EDICIÓN DO PROGRAMA ‘PRIMAVERA EN POIO’ TRAERÁ Á VILA A GRANDES ORQUESTRAS E ARTISTAS ENTRE MARZO E MAIO

11/01/2024

2023. A música converterase na gran protagonista en Poio durante o segundo trimestre do ano, no que chegará a primeira edición do programa ‘Primavera en Poio’, unha iniciativa organizada pola Concellería de Festexos que traerá ao municipio a grupos musicais, artistas e orquestras de Galicia de referencia. A cita incluirá concertos e actuacións musicais que darán comezo o 31 de marzo e que concluirán o 16 de maio. Tal e como explica o responsable desta área, o nacionalista Xosé Luís Martínez, apunta de lanza desta nova oferta lúdica será o reformado Sons de Ánkar, que, tal e como xa adiantar o propio Martínez Blanco a finais do ano pasado, experimentará unha profunda transformación.

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio