2023. A Praza da Reiboa, na Seca, tinguiuse esta tarde de moita cor na Festa Holi organizada polo Concello de Poio para celebrar a volta ao cole. Desde as 18.00 horas, a rapazada gozou de todas as actividades que tiñan preparadas, porque ademais dos pos de cores, tamén se incluían a música e a animación do DJ Javi Solla, obradoiros de globoflexia, chapas e outras manualidades organizados pola Casa Rosada, así como inchables e máis sorpresas. Unha festa que é posible gracias á colaboración do Centro Comercial A Barca, e na que están involucradas practicamente todas as concellerías para optimizar os recursos municipais e facer que o inicio do curso sexa o máis especial e alegre posible.
Álbum Festa Holi “Volta ao cole”


Concello de Poio





+53