As visitas, que xa están abertas para a fin de semana, estenderánse en Semana Santa entre o xoves 2 e o domingo 5, con saídas diarias desde o Porto de Combarro acompañadas dun guía especializado. A autorización de acceso e a reserva da viaxe poden solicitarse en https://turismopoio.com/que-ver/cultura-y-patrimonio/reservas-isla-de-tambo/
O Concello de Poio ultima xa a posta a punto da Illa de Tambo para recibir aos visitantes que a queiran descubrir ou redescubrir nesta nova tempada, comezando pola Semana Santa.
A Concelleira de Turismo, Rocío Cochón, supervisou estes días os traballos de limpeza e acondicionamento que se veñen intensificando de cara ao inicio da tempada de visitas, e particularmente as vacacións de Semana Santa. O obxectivo: garantir a mellor experiencia posible e as máximas condición de seguridade a todos os visitantes.
Cochón recordou que a Illa poderá visitarse xa esta fin de semana e se estenderán coa chegada das vacacións de Semana Santa, con saídas diarias desde o Porto de Combarro entre o xoves 2 -Xoves Santo- e o domingo 5. As visitas serán en grupos de ata 50 persoas acompañadas por guías, cun máximo de catro viaxes ao día.
Para visitar a illa, os viaxeiros precisan unha autorización de acceso, expedida gratuitamente polo Concello, e billete nunha das dúas navieiras que contan con servizo á Illa. O proceso pode facerse de forma sinxela en https://turismopoio.com/que-ver/cultura-y-patrimonio/reservas-isla-de-tambo/ . Unha vez na Illa, a duración da visita oscila entre 2,5 e 3 horas e inclúe unha ruta guiada de uns 2 km pola senda circular que percorre varios lugares de especial interese de Tambo e que permiirá coñecer algúns dos seus enclaves máis destacados, como a praia de Area da Illa, o Faro de Tenlo, a Capela de San Miguel ou o antigo Lazareto.
Despois da Semana Santa, o programa de visitas continuará activo durante a primavera con saídas todas as fins de semana, mantendo as mesmas condicións de acceso e limitación de aforo. Tamén existe a posibilidade de organizar visitas para colectivos previa solicitude. O período de visitas volverase a ampliar nas vacacións estivais, e se pechará ata o próximo ano ao redor do 12 de outubro.
A edil quixo poner en valor o traballo realizado no último ano para avanzar no “modelo de referencia” co que se quere preservar Tambo e abrila ao mundo con sustentabilidade e responsabilidade. Así, neste tempo aprobouse o Plan de Emerxencias e Autoprotección da Illa -esencial para a seguidade das visitas- e avanzouse na redacción do Plan de Usos e na declaración como ENIL.
Ao mesmo tempo, impulsáronse novos traballos arqueolóxicos, en colaboración coa Xunta de Galicia, que permitiron afondar no coñecemento do extraordinario valor histórico da Illa, e que continuarán durante este ano. Tamén revisará e reforzará a varanda do peirao de atraque e xa está en tramitación a instalación dun pantalán estacional flotante.
Para Cochón, este traballo paga a pena e indica que “estamos consolidando un modelo de xestión único que permite protexer este espazo excepcional e, ao mesmo tempo, garantir que a ciudadanía poida coñecelo e desfrutalo con respecto”.
“É un auténtico privilexio poder contar cun legado como o de Tambo, pero tamén é una gran responsabilidade”, resaltou a edil: “traballamos arreo para que poida ser coñecido e desfrutado de forma sostible e preservado para as futuras xeracións”.
Finalmente, a concelleira quixo animar a toda a veciñanza da contorna e a todos os visitantes que pasan por Poio a “compartir o segredo dun lugar único, cun valor natural, histórico e paisaxístico extraordinario… que aínda ten moito por descubrir”.