A FARMACIA DE CAMPELO CONVÉRTESE NUN ESPACIO CARDIOPROTEXIDO

13/01/2024

2023,

O alcalde de Poio, Ángel Moldes, visitou a farmacia Val, en Campelo, tras converterse nun novo espacio cardioprotexido en Poio. Deste xeito, conta no seu local cun desfribilador que está xeolocalidazado polo 112 para que, en caso de que algunha persoa sofra unha urxencia por parada cardíaca na contorna da farmacia, poida ser atendida seguindo as instrucións dun médico.

Moldes agradece esta iniciativa e a implicación do titular da farmacia Mauro Carrillo Val por “ofrecer un servizo fundamental que pode salvar vidas, é algo que nin ocupa nin supón un esforzo engandido, pero que pode ser de vital importancia para quen o precisa”. 

Nesta liña, recordan que a parada cardíaca é unha das patoloxías de maior incidencia e actuar con rapidez é fundamental. Por iso, din que instalando o desfibrilador na farmacia están confluíndo dúas condicións fundamentais, xa que as farmacias son entendidas como un punto de atención sanitario próximo á cidadanía ao tempo que se aproveita a proximidade da farmacia así como o seu horario ampliado para ofrecer un servizo máis á veciñanza. Neste caso, o horario de apertura da farmacia é de luns a venres de 9 a 21 horas, e os sábados ata as 14 horas.

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio