A Escola de Acordeóns de Campelo publica o seu novo disco, Beiramar 74

17/12/2024

Participan na programación Nadal en Poio, con actuacións este venres na carpa Poio Máxico da Seca e o domingo no Belén Vivente en San Martiño.

A Escola de Acordeóns de Campelo publica o seu segundo traballo, Beiramar 74, coincidindo coa celebración do seu 45º aniversario no ano 2025. Representantes da agrupación, dirixida por Juanjo Mariño, presentaron esta mañá o disco no concello, acompañados polo alcalde, Ángel Moldes, e a concelleira de Cultura e Educación, Natalia Sabarís. Un traballo que inclúe catorce cancións, cun tema propio titulado Valse do Mare.

A Escola de Acordeóns de Campelo participa tamén na programación Nadal en Poio, con actuacións este venres, na carpa Poio Máxico na Seca, e o domingo, en San Martiño. No primeiro caso, este venres 20 o protagonismo será para o grupo xuvenil da escola, que dará o seu Concerto de Nadal a partir das 19.00 horas. Con respecto ao domingo, a actuación será coincidindo coa celebración do Belén Vivinte, organizado pola Asociación de Mulleres Rurais Santa Trahamunda na contorna da Igrexa de San Martiño, ás 18.00 horas.

A Escola de Acordeóns de Poio naceu en 1980, sendo unha das primeiras escolas deste instrumento en Galicia e que conta cunha grande traxectoria. Na actualidade conta cun gran número de integrantes de diferentes idades. De feito, pola escola pasou numeroso alumnado que na actualidade ten na música a súa profesión, tanto en grupos musicais, en orquestras ou incluso na docencia. Percorren toda a xeografía galega e nacional.

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio