2023. A Concellería de Obras e Servizos Municipais, dirixida polo socialista Julio Casás, vén de iniciar nesta semana os traballos para a dotación de cuneta tendida no núcleo de Vilariño, na parroquia de San Xoán. O concelleiro responsable do departamento supervisou as obras e explicou que se centrarán nas áreas de Folgueira, Vilariño de Abaixo, Xalouriño e Vilariño de Arriba. As tarefas avanzan a bo ritmo e quedarán rematadas nas vindeiras semanas. Casás explica a necesidade de acometer esta actuación, xa que servirá para ampliar o espazo en zonas da vía pública nas que “era preciso actuar para reforzar a seguridade viaria”.
Ángel Moldes destaca que a actuación, cun investimento de preto de 230.000 euros, permitirá mellorar a accesibilidade, a seguridade e...LER MÁIS