A  CONCELLERÍA DE IGUALDADE INCREMENTA O NÚMERO DE PRAZAS E HORARIOS DO ESPAZO CONCILIA, QUE MANTÉN AS SÚAS TARIFAS

12/01/2024

2023.

O Concello de Poio, a través da Concellería de Igualdade, incrementa o número de prazas do Espazo Concilia, unha proposta socioeducativa de lecer e de apoio á infancia, que se promove co obxectivo de favorecer a conciliación da vida laboral e familiar, ao tempo que se fomenta a corresponsabilidade e se traballa na potenciación de valores como a igualdade e a prevención da violencia, a través de diferentes obradoiros e actividades. Este servizo estará operativo durante o verán no CEIP Viñas, na parroquia de San Salvador, desde o 3 de xullo ata o 8 de setembro, cun  horario de luns a venres que tamén se incrementa, sendo de 7.30 a 15.00 horas.

Segundo informa a tenente de alcalde e edil de Igualdade, Silvia Díaz (Avante Poio), as bases do Espazo Concilia xa están dispoñibles na Sede Electrónica do Concello de Poio, logo da súa aprobación na Xunta de Goberno Local. Nesta convocatoria habilítanse un total de 45 prazas, por 30 de edicións previas, mantendo os mesmos prezos: 25 euros para os meses de xullo e agosto, respectivamente, e 10 para setembro. Poderán gozar deste servizo aqueles nenos e nenas nados entre os anos 2011 e 2019 (inclusives) que estean escolarizadas nos centros de ensino de Poio, así como fillos e fillas de persoas que teñan o seu posto de traballo no municipio.

O período de solicitude de reservas abrirase o vindeiro mércores, 10 de maio, e permanecerá operativo ata o martes 23, ambos inclusives. As peticións poderán presentarse a través da Sede Electrónica do Concello, aberta as 24 horas do día. En caso de optar pola vía presencial, deberá solicitarse cita previa no Rexistro Xeral do Concello ou no Rexistro do Palacete de Besada. Con respecto á selección de participantes, as prazas serán adxudicadas tendo en conta baremos como a situación laboral dos e das familias solicitantes, así como a sociofamiliar e económica. O día 5 de xuño farase pública a listaxe provisional no taboleiro de anuncios do Concello, no Centro de Información á Muller (no Palacete de Besada) e na Sede Electrónica. Posteriormente, durante os días 6 e 7 de xuño abrirase un período para enmendar erros ou falta de documentación, así como presentación de reclamacións e renuncias. A listaxe definitiva darase a coñecer o 12 de xuño.

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio