A CONCELLERÍA DE BENESTAR SOCIAL OFRECE VARIAS PROPOSTAS LÚDICAS EN FEBREIRO E MARZO

12/01/2024

2023.

A Concellería de Benestar Social, dirixida pola socialista Rosa Fernández, reforza a súa oferta lúdica, pensada especialmente para as persoas maiores, con diferentes iniciativas a realizar ao longo das vindeiras semanas. A primeira delas será o día 23 de febreiro, cando se celebre unha comida de confraternización no restaurante Casa Angelita, na que se poderá degustar un cocido. O prezo por persoa será de 25 euros. Os e as interesadas poderán anotarse chamando ao número de teléfono 986872401 ou de xeito presencial nas dependencias da Casa Rosada.

Xa no mes de marzo, o venres día 3 haberá unha nova sesión do Guateque da Casa Rosada, unha cita que xa se retomou desde a finalización da pandemia e que congrega habitualmente a un gran número de usuarios e usuarias das instalacións. Haberá música en directo desde as 17.30 horas. Ademais, Rosa Fernández informa de que entre os días 13 e 17 de marzo organizarase unha nova excursión a Monçao, onde se ofrece unha estancia de 5 días e 4 noites nun dos balnearios de referencia de Portugal. As inscricións xa están abertas e daráselle preferencia ás persoas maiores empadroadas no municipio poiense, segundo indica a titular da área.

A saída está fixada para as 11.00 horas do luns 13 de marzo, desde a Casa Rosada. A inscrición será de 220 euros, para cubrir o aloxamento, pensión completa e acceso ao spa, ademais doutros servizos. As anotacións poderanse realizar tamén por teléfono ou na Casa Rosada, así como enviando un correo electrónico a benestarsocial@concellopoio.org.

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio