2023. O concelleiro de Medio Ambiente, Xosé Luís Martínez (BNG), e a responsable de Seguridade Cidadá, a tamén nacionalista Marga Caldas, mantiveron neste mes de xaneiro unha reunión con representantes da Asociación Amigos da Canceira, para facer unha análise da labor desenvolta na canceira municipal ao longo do ano 2022. Martínez Blanco aproveitou a ocasión para poñer en valor e agradecer o “impresionante traballo e compromiso co que sempre contamos por parte dos voluntarios e voluntarias que forman parte deste colectivo”, facendo especial fincapé nas iniciativas e labores que impulsan á hora de tratar de fomentar a adopción e coidado de animais abandonados.
Supera os 16M€, converténdose nun dos orzamentos máis altos dos últimos anos a pesar de que a baixada do IBI...LER MÁIS