A BIBLIOTECA MUNICIPAL DE POIO RETOMA A SÚA ACTIVIDADE CUN CONTACONTOS ESTE VENRES

12/01/2024

2023.

A Biblioteca Municipal de Poio retoma a súa actividade coincidindo co inicio do curso escolar. Esta mañá achegáronse ata a instalación o alcalde Ángel Moldes e a concelleira de Cultura e Educación, Natalia Sabarís, para escoitar as propostas da responsable da biblioteca de cara aos próximos meses e valorar novas iniciativas coas que impulsar este servizo para nenos e maiores.

Así, este venres (17.30 horas) a cativada poderá gozar do contacontos “Os contos da leiteira”, a cargo de OQO Editora, dentro do Programa Ler Conto Moito da Xunta de Galicia e con entrada de balde. Esta historia dá voz aos relatos de mulleres intrépidas e tímidas, loitadoras e soñadoras pero tamén á propia condición de feminina, representada por animais que viven esas circunstancias. Contos de heroínas, galiñas valentes, leóns amorosos ou galos fachendosos que nos farán gozar e concienciarnos para que a igualdade sexa unha realidade.

Ademais, durante a visita á biblioteca, tamén puideron comprobar as obras que se fixeron durante este verán para mellorar a accesibilidade, coa instalación do ascensor que dá acceso ás salas de lectura e de consulta, así como para adaptar os baños para persoas con mobilidade reducida.

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio