XORNADA BENSEGURO:
PREVENCIÓN NA CONSTRUCCIÓN
- Venres, 30 xaneiro
- 17.00 horas
- Casal de Ferreirós
Poio acollerá o venres, 30 de xaneiro, unha xornada do proxecto Benseguro, dirixido a reducir a sinistralidade laboral no sector da construción.
A xornada está orientada tanto a profesionais da construción como a público xeral, para explicar os detalles do servizo de asesoramento e saúde laboral de obras de construción.
Os asistentes poderán coñecer todos os detalles sobre o proxecto Benseguro, unha iniciativa pioneira na que colaboran a Xunta de Galicia e a Fundación Laboral para a Construción, enfocada en aumentar a seguridade laboral, prever riscos e concienciar a contratación responsable e segura, con especial atención ás obras menores, onde se rexistran o maior número de accidentes.
Entre as iniciativas impulsadas ao abeiro deste programa, destacan as visitas a obras en proxecto para informar sobre seguridade laboral e ofrecer in situ solucións axeitadas, ou como o servizo de asesoramento para facer fronte á sinistralidade, que se concentra en pequenas empresas e intervencións de mantemento ou rehabilitación sen proxecto técnico.