Substitúen e amplían o valado e arranxan as pezas de xogo no parque infantil da Caeira

24/05/2024

O Concello de Poio realizará labores de mantemento nas áreas de xogo e biosaudables do municipio.

O Concello de Poio está realizando labores de mantemento e posta a punto dos parques infantís do municipio. A última actuación foi na área de xogo da Caeira, onde era urxente substituír o valado de madeira e amplialo a todo o perímetro para garantir maior seguridade entre a cativada. Ademais, tamén se arranxaron e puxeron a punto varios dos xogos que había no parque, se instalou algunha peza nova e se repararon os bancos e as papeleiras. A mellora completouse co mantemento e semente da herba natural naqueles lugares onde estaba deteriorada polo uso.

Esta renovación forma parte dun plan municipal de mantemento das áreas de xogo do municipio. Desde o Concello de Poio encargouse un inventario para coñecer o estado de todos os parques infantís e biosaudables que hai no municipio, unha folla de ruta para ir actuando en cada un deles. Así, xa se actuou en Lourido, Combarro e Raxó, para mellorar a seguridade do parque, e nos próximos días continuarán na Renda.

Por outra banda, na Seca xa comezaron os traballos para reubicar o parque infantil, que se ampliará a dúas zonas e incluirá novas pezas de xogo, e que permitirá proximamente instalar o primeiro circuito pump track de Poio.

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio