A Xunta executa as obras de pavimentado do camiño de Esperón a Xuviño

21/02/2024

Ángel Moldes e o concelleiro de Obras, Marcial García, visitaron as obras: “cúmprese outro dos compromisos adquiridos por este Goberno. Esta mellora era urxente e moi necesaria”.

A Consellería de Medio Rural xa está executando as obras de mellora e pavimentado do camiño de Esperón a Xuviño, “unha das vías municipais máis deterioradas de Poio, a pesar de que é unha estrada moi transitada por coches e tamén un dos pasos polos que transcorre a Variante Espiritual do Camiño de Santiago”.

Así o explica o alcalde, Ángel Moldes, que xunto co concelleiro de Obras, Marcial García, visitaron a zona. Explican que era urxente dar unha solución a esta estrada, “que acumula anos de firme en mal estado e presencia de numerosos baches e socavóns que provocaban unha situación de inseguridade para os usuarios”. De feito, asegura que con esta actuación, “cúmprese outro dos compromisos adquiridos por este Goberno. Esta mellora era urxente e moi necesaria”.

As obras estanse executando a través dun convenio asinado entre o Concello de Poio e a Xunta para mellorar infraestruturas no rural, e que permite que o proxecto, que ascende a 48.145€, sexa financiado integramente pola administración autonómica.

O vial ten unha lonxitude de 807 metros. As obras contemplan a limpeza das marxes e cunetas de todo o trazado, a pavimentación de sobreanchos e o caixeado estendido de capa.

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio