Poio habilita un novo aparcadoiro disuasorio en Anafáns, San Salvador

06/02/2024

Xa está en funcionamento un novo aparcamento disuasorio gratuíto en Anafáns, na parroquia de San Salvador. O goberno local habilitou unha finca nova como zona de estacionamento e nas próximas semanas acondicionará unha segunda tamén nesta contorna. En total, teñen capacidade para máis de 100 coches.
A parcela que se acaba de abrir para aparcamento público gratuíto, na que os coches poden estacionar un máximo de 24 horas continuadas, ten acceso desde o camiño da Ferreira e desde a rúa Cabanas, o que facilita a mobilidade. Segundo explica o concelleiro de Obras e Servizos, Marcial García, que esta mañá se achegou ata o lugar, explica que debido ás zonas de alta densidade poboacional existentes no entorno mais próximo das parcelas, na Avenida de Porteliña, os comercios e locais de restauración da zona, e principalmente pola existencia do Centro de Saúde de Anafáns, faise necesario a dotación de aparcamentos disuasorios que amplíen a escasa oferta de estacionamento actual na zona e que permiten mellorar a mobilidade e o tráfico de toda a contorna, evitando causar máis afección á xa de por si masificada PO308.
Nesta liña, García afirma que “desde o Goberno seguimos dando pasos importantes para cumprir un dos puntais do noso programa, a dotación de estacionamento, algo fundamental para mellorar a calidade de vida dos nosos veciños e favorecer a actividade económica no noso concello”. Así, subliña que en dous meses, o Concello de Poio puxo a disposición dos veciños tres parcelas de estacionamento, e que xa está traballando para dar solución tamén ao problema de aparcamento que hai noutros lugares do concello, como por exemplo Combarro, onde xa se está en negociacións para alugar terreos nos que habilitar novos aparcamentos. Ademais da apertura desta finca en Anafáns, recentemente tamén se habilitou unha área de aparcamento na rúa do Adro e abriuse a antiga finca de Coca-Cola, nos dous casos con grande aceptación e uso.
As obras de acondicionamento da parcela executáronse con persoal municipal, e consistiron na limpeza, desbroce e cobertura da superficie cunha capa de zahorra para facela máis transitable. Nos próximos días, rematará a instalación de puntos de luz para. Os dous aparcamentos que se habilitan en Anafáns substitúen ao anterior, tras rematar o contrato de aluguer da finca.

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio