A POLICÍA LOCAL DE POIO INCORPORA TRES NOVOS AXENTES

14/01/2024

2023.

O alcalde de Poio, Ángel Moldes, e a concelleira de Seguridade Cidadá, Maritxe González, recibiron esta mañá no salón de plenos a tres novos axentes que se incorporan desde hoxe á Policía Local, tras graduarse o martes na Academia de Seguridade Pública da Estrada.

Os axentes de estreo estiveron tamén acompañados polo xefe da Policía Local, Antonio Duarte. Os tres xa fixeron prácticas en Poio durante os meses de verán, antes de acadar a praza definitiva. Con estas incorporacións, a plantilla suma trece policías. 

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio