POIO E MEDIO RURAL ASINAN UN CONVENIO PARA PAVIMENTAR O CAMIÑO DE ESPERÓN A XUVIÑO

13/01/2024

2023.

O Concello de Poio asinou coa Consellería de Medio Rural un convenio de colaboración para realizar obras de infraestruturas rural e pavimentar o camiño de Esperón a Xuviño. Así se informou na Xunta de Goberno que se celebrou esta mañá, na que o alcalde Ángel Moldes recordou que “esta é unha das vías máis deterioradas que hai no municipio, e polo tanto era urxente e necesario actuar nela para mellorar a seguridade”.

 Con esta actuación, ademais segundo explicou, cúmprese outro dos compromisos adquiridos polo novo Goberno. “É unha vía municipal moi transitada e é un perigo nas condicións nas que está desde hai moitos anos” e por iso agradece o compromiso do Medio Rural para levar a cabo este investimento.

Segundo este convenio, Medio Rural asume a realización das obras con cargo aos seus orzamentos, que contarán cun investimento de 48.145,30 euros. 

O vial ten unha lonxitude de 807 metros. As obras contemplan primeiro a limpeza das marxes e cunetas de todo o trazado, e despois prevese a pavimentación de sobreanchos, previo caixeado estendido de capa.

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio