O CONCELLO ENVÍA A COSTAS O INFORME DO AREEIRO SOBRE A SITUACIÓN DAS ÁRBORES NA PRAIA DA CABECEIRA, EN LOURIDO

13/01/2024

2023.

O Concello de Poio enviou a Costas unha copia do informe elaborado pola Estación Fitopatolóxica do Areeiro no que fan unha análise do estado das árbores na praia da Cabeceira, en Lourido. Tras a caída dun eucalipto neste lugar, o alcalde de Poio, Ángel Moldes, solicitou ao Areeiro que analizase todas as árbores da zona como medida de prevención, e unha vez recibido o informe, remitiuno inmediatamente ao departamento dependente do Ministerio de Transición Ecolóxica para actuar no lugar e retirar outros tres exemplares que están en risco de caída.

Precisamente, Moldes estivo supervisando os traballos que operarios municipais e empresas locais están realizando na praia de Cabeceira, retirando do areal algas, follas, madeiras… arrastrados polos temporais das últimas semanas e protexendo os danos que provocaron no paseo de madeira, para que todo estea na mellor situación posible ante o regreso este luns do marisqueo a Lourido. Con todo, explican desde o concello que estas actuacións poden verse afectadas polas mareas e o tempo desta fin de semana, que poden provocar que sigan chegando máis algas e restos do temporal á praia.

INFORME DO AREEIRO

O informe que o servizo provincial da Estación Fitopatolóxica do Areeiro enviou ao Concello de Poio e que este remitiu a Costas determina o estado de varias árbores situadas na praia da Cabeceira, para valorar si é necesaria actuación de poda ou clareo para manter as pezas en bo estado de conservación. Nese documento, indican que a escaseza de solo e a mestura de copas fixo que as árbores maduraran moito en altura para o diámetro que posúen en busca de luz. Así, propoñen a retirada de tres árbores, dous eucaliptos e un piñeiro, pero tamén chaman a atención sobre outras árbores que aínda que o risco aparente non é elevado, tamén é necesario valorar.

As tres pezas que propoñen retirar neste terreo de Costas son un eucalipto anexo ao que xa caeu e polo que o Concello de Poio solicitou este informe, así como outra peza situada ao outro lado da rampa de acceso á praia, que amosa a copa totalmente desviada cara a estrada debido ao efecto que xeran as copas de todas as árbores da contorna. Por último, tamén sinalan que é recomendable retirar un piñeiro que está inclinado cara a praia, con ausencia de solo que permita unha boa ancoraxe.

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio