O NOVO GOBERNO CONSEGUIU UN AFORRO DE 40 MIL EUROS NA FESTA DO MAR: “FIXEMOS MOITO MÁIS E CON MENOS RECURSOS”

13/01/2024

2023.

Ángel Moldes destaca “unha xestión eficiente e de control do gasto, que é o camiño que comezamos en xuño e que imos seguir durante todo este mandato. Un goberno responsable que escapa dos despilfarros e o fai sen renunciar nin á calidade nin ao contido”. 

A deste ano foi a edición máis mariñeira e participativa, coidando os decorados, cunha programación ampla e variada, incluíndo como novidades de éxito os vermús mariñeiros ou a carpa museo e recuperando os fogos artificiais.

Dos 131.308 euros que custou a festa, case un tercio, 43.000 euros, xa foron para pagar as dúas únicas actuacións que deixaron contratadas os tres alcaldes.

Rexistradas xa no concello todas as facturas da Festa do Mar que se celebrou en Combarro, o novo Goberno informa que custou 131.308 euros, o que supuxo un aforro de 40 mil euros con respecto á edición anterior, que ascendeu a 170.000 euros.

O alcalde de Poio, Ángel Moldes, pon en valor que este ano apostaron pola edición máis mariñeira e participativa dos últimos tempos, coidando os decorados e a iluminación, cunha programación ampla, variada e para todos os públicos, incluíndo como novidades de éxito os vermús mariñeiros ou a carpa museo e recuperando os fogos artificiais. “Fixemos moito máis e necesitamos menos recursos. Unha xestión eficiente e de control do gasto, que é o camiño que comezamos en xuño e que imos seguir durante todo este mandato. Un goberno responsable que escapa dos despilfarros e o fai sen renunciar nin á calidade nin ao contido”.

É máis, Moldes sinala que un tercio do orzamento da Festa do Mar deste ano xa foi exclusivamente para pagar as únicas dúas actuacións que deixaron contratadas os tres alcaldes, xa que os concertos dos Gabytos e o tributo a Michael Jackson custaron ás arcas municipais case 43.000 euros. O resto de actuacións, incluídos os grupos das sesións vermús da fin de semana e os espectáculos das orquestras, tiveron un custe de 26.276 euros, sen contar o concerto de Roi Casal, que foi financiando pola Xunta de Galicia.

Nestes gastos da Festa do Mar tamén se inclúen as facturas derivadas do Certame de Canción Mariñeira ou da concentración de embarcacións tradicionais, así como a publicidade da festa, os gastos de seguridade, a instalación de carpas, decorados e iluminación.

Por último, recorda que o novo Goberno tivo que organizar a Festa do Mar de Combarro sen orzamento, porque en xuño as partidas de festexos xa estaban esgotadas e, polo tanto, esta situación impediulles cumprir cos procedementos administrativos. “Estamos vendo que a herdanza recibida está condicionando toda a nosa xestión diaria, e aínda así, con moito esforzo estamos dando pasos importantes en mellorar a situación e estar á altura do que necesita a veciñanza de Poio”, engade.

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio