ÁNGEL MOLDES REÚNESE COS VECIÑOS PARA EXPLICAR AS OBRAS DE HUMANIZACIÓN DE LIÑARES QUE COMEZAN A SEMANA PRÓXIMA

12/01/2024

2023.

O alcalde de Poio, Ángel Moldes, xunto co representante da empresa adxudicataria e os concelleiros de Urbanismo e de Obras, Rocío Cochón e Marcial García, respectivamente, reuníronse onte pola noite cos veciños de Liñares, na parroquia de San Xoán, para explicarlle as obras de humanización que comezarán a executarse a semana próxima con cargo ao Plan Concellos da Deputación de Pontevedra. Unha reunión na que Moldes quixo coñecer a opinión e as propostas dos veciños, xa que, como subliñou “son os que van convivir diariamente coa humanización da rúa, e por iso queremos darlle a resposta que necesitan”.

Consciente de que as obras sempre provocan algunhas incomodidades, pediu paciencia para os veciños do lugar, pero sobre todo, comunicación constante co concello e coa adxudicataria para intentar que esas molestias se minimicen todo o posible.

A humanización en Liñares ascende a e 149.789,94 euros, e contempla mellorar a accesibilidade, renovar o pavimento e os servizos básicos e novo alumeado público máis accesible.

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio