ÁNGEL MOLDES VISITA OS COLEXIOS DE POIO PARA REVISAR OS TRABALLOS DE MANTENEMENTO QUE SE REALIZARON DURANTE O VERÁN

12/01/2024

2023.

O alcalde de Poio, Ángel Moldes, a concelleira de Cultura e Educación, Natalia Sabarís, e a técnico municipal de ensino percorreron esta mañá os centros escolares do municipio para supervisar todos os traballos de mantemento que realizou o Concello de Poio en colaboración con todos os centros de educación infantil e primaria do municipio e comprobar que está todo a punto ante o inicio das clases estes luns. Moldes destacou que “o Concello de Poio fixo un importante esforzo durante estes dous meses para actuar e dar resposta ás peticións que nos trasladou cada centro escolar”, e apostou por “seguir traballando e colaborando de xeito conxunto tamén durante o curso”.

En todos os centros escolares realizáronse traballos de electricidade, fontanería, xardinería e obras de mantemento, revisáronse as caldeiras de calefacción, algunhas delas pola auga quente, e puxéronse a punto de cara o prendido para o inverno, e fíxose unha limpeza xeral de todo o colexio. No CEIP de Lourido, ademais de repoñer e revisar luces, tamén se revisaron os baños e pintáronse tres aulas. Ademais, nestes días concluirase a reparación do tubo baixante de augas do tellado e instalarase un banco para o horto escolar. No CEIP Isidora Riestra, ademais dos traballos de electricidade para revisar luces e enchufes, tamén se colocaron varias pantallas dixitais do centro, revisáronse os baños e pintáronse nove aulas e o corredor. En canto ao CEIP Espedregada, tamén se fixeron traballos de electricidade, xardinería e fontanería, e pintáronse dez aulas, dous despachos e o ximnasio.

No CEIP de Viñas instalouse tarima e pintáronse catro aulas, fixéronse traballos de electricidade, colocáronse pizarras dixitais e proxectores nas diferentes aulas, revisouse o funcionamento dos baños, ampliouse o rocódromo e fixéronse traballos de xardinería, entre outros.Na Escola Infantil do Bao, ademais dos traballos de electricidade e fontanería, reparouse o valado de madera, arranxouse unha parede e fixéronse traballos de pintado no despacho, na entrada do centro e no corredoiro. Por último, no CEIP de Chancelas, as labores centráronse en revisar o funcionamento dos baños, arranxar os protectores dos radiadores, reparar táboas e tratar estruturas no patio infantil, pintado de catro patios e outros traballos de xardinería.

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio